Grupo Espanor

 
 
 
 
COÑÉCENOS
 
 

Seguros do futuro, Grupo Espanor

 

Grupo Espanor é unha Agrupación de Interese Económico de Corredores de Seguros, con cobertura nacional, unidos polo firme compromiso de centrarnos no cliente e achegar valor aos nosos socios.

 

Grupo Espanor nace no 1998, como froito da unión de forzas e posibilidades dun equipo cunha ampla experiencia nas comunidades de Galicia e Asturias. A día de hoxe, seguimos sumando corredores asociados con criterio de volume, profesionalidade e cobertura nacional, reducindo custos e mellorando a calidade do servizo.

 

Agora é o momento xuntar recursos, de innovar integrándose para ser máis grandes. Grupo Espanor quere ser un modelo de integración de referencia na mediación profesional de seguros, por calidade e prestixio.

 



 
 
 
 
 
 
160000+
 
 
290000+
 
 
28M+
  
110M+
 
 
 

VENTAXES ASOCIADOS

 
 
 
 




COBertura nacional
 

Grupo Espanor opera no territorio nacional, con máis de 25 corredurías asociadas por toda España.


 
 




Poder de negociAción
 

Forza e gran capacidade de negociación coas aseguradoras e outros provedores.


 
 
 



RECOÑECEMENTO E PRESTIXIO
 
 

Grupo recoñecido no sector pola seriedade á hora de cumprir os seus compromisos.



 
 
 






TecnoloXía / innovación
 

Tecnoloxía de última xeración para reducir custos, optimizar procesos e aumentar as ventas.




 
 
 






Plan estratÉXico
 

Inclúe un proxecto en desenvolvemento para entrar con éxito na distribución por Internet.




 
 
 






Gran carteIra de clientes
 

Máis de 160.000 clientes, 298.771 pólizas e 76 oficinas son os piares sobre os que medrar xuntos.





 
 
 
 
 

Misión

 
A nosa misión é achegar valor aos nosos socios na súa actividade como mediadores profesionais de seguros, estando presentes en todo o territorio nacional.

Apostamos pola xeración de acordos con empresas provedoras (aseguradoras e outras) que permitan aos nosos socios optimizar a xestión e os resultados das súas empresas e mellorar a calidade dos produtos e os servizos que ofrecen aos seus clientes.

Ademais, negociar protocolos de colaboración coas compañías de seguros e outras entidades, así como desenvolver produtos aseguradores que permitan aos nosos socios estar á vangarda na oferta final aos seus clientes.
 
 
 

 

Visión

 
Ser a Agrupación de Interese Económico de referencia pola calidade dos servizos na mediación profesional de seguros de España.

Estar orientados 100% aos nosos socios e, por extensión, aos seus clientes. Queremos ser os mellores, non os máis grandes.
 
  
Valores
 
Persoas: baseamos as nosas relacións no respecto entre os socios.

Ética: actuamos con profesionalidade, integridade, moral, lealdade entre os socios.

Responsabilidade: cumprimos os acordos cos nosos provedores de produtos e servizos.

Innovación: innovamos xuntos para gañar competitividade. Ese espírito innovador está presente en todos os nosos socios.

Orientación ao cliente: o cliente é o centro da nosa actuación; considerámolo o piar fundamental do futuro das nosas empresas.